Páxina de Iniciovoceiro
Traxectoria de Luvas VerdesActividades DocentesDiscos editadosQuenes somos

 

2007, VOLVE LUVAS VERDES

O venres 13 de abril fíxose a presentación aos medios das novas liñas de traballo da formación na Fundación Luís Seoane de A Coruña.

Luvas Verdes presenta unha proposta docente de cursiños formativos específicos de gaita galega e música tradicional orientados a músicos en formación e entidades de promoción e difusión da nosa cultura no exterior.

A finais de ano o grupo presentará o que será o seu segundo traballo discográfico que será unha revisión do repertorio popularizado pola desaparecida formación de música tradicional Lelia Doura.


OUTROS MÚSICOS, OUTROS PROXECTOS

Por outra banda, Daniel Bellón e Pedro Lamas seguen cos seus proxectos con outros músicos e grupos. Daniel segue a promoción de "Unión das Terras" con Diego Maceiras que chegou ao máximo coa actuación no Festival de Ortigueira. Pedro Lamas ven de presentar a súa colaboración no novo disco de Xabier Díaz, segue coa xira de 'Engado' de Nova Galega de Danza, e coa orixinal proposta do trío Vaamonde, Lamas & Romero.