Páxina de Iniciovoceiro
Luvas Verdes no 2007Actividades DocentesDiscos editadosQuenes somos


HISTORIA DE LUVAS VERDES


Luvas Verdes constitúese na primavera de
2001 como cuarteto de música tradicional. A formación está integrada por Pedro Lamas e Daniel Bellón (gaitas) e Pepe Montero e Melo Suárez (tamboril e bombo). Máis dunha vintena de premios no seu haber acadados nos máis prestixiosos certames de música tradicional fan de Luvas Verdes o cuarteto de gaitas máis laureado da historia de Galicia:


-1º premio
no Concurso Rexional de Gaitas de Ponteareas (2001, 2002 e 2003).
-1º premio no Concurso de Cuartetos de Música Tradicional de Sanxenxo, Pontevedra (2001, 2002 e 2003).
-1º premio no Memorial Manuel Texo de Vedra, A Coruña (2002 e 2004).
-1º premio no Concurso de Música Tradicional 'Xiradela' en Arteixo, A Coruña (2002 e 2003).
-1º premio no Concurso de Cuartetos e Quintetos Tradicionais 'Gaita do País' en Sarria, Lugo (2002 e 2003).
-1º premio no Concurso de Cuartetos e Quintetos 'Memorial Ricardo Portela' en Pontevedra. (2003).

No 2002 son invitados a participar no  XXXII Festival Intercéltico de Lorient e participan na recreación en directo da banda sonora da película 'La Casa de la Troya' (Alejandro Pérez Lugín-Manuel Noriega, 1924) en distintas cidades españolas, co motivo da súa restauración no 2003 pola Filmoteca Española e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).

 
 
La Voz de Galicia, > Piezas desesperadas...
 
 
O recuncho da palleta, > Entrevista
 
Culturagalega.org, > Luvas presenta novo disco
 
 
 

La Voz de Galicia, > Álbum: Pedro Lamas

 
Videos:
 


Vigo 2002

Sanxenxo 2002

Ponteareas 2002

Nunca máis 2002

Lalín 2003

San Froilan 2003

Maniños 2004

Triacastela 2007