ACTIVIDADE
DOCENTE DE PEDRO LAMAS
Na actualidade é profesor
de percusión tradicional na Escola Municipal de Folclore
de Betanzos (dende 2005), de gaita e percusión na Asociación
Cultural 'O Castro' Miño, A Coruña (dende 1998), de gaita
e percusión na Asociación Cultural 'San Xoán de Ouces'
(Bergondo, A Coruña) dende 2002, e de gaita e percusión na Asociación
Cultural 'Santa María de Torás' (A Laracha, A Coruña)
dende 2005.
O vindeiro ano incorporarase como Mestre de Percusión na Asociación
Xuvenil 'Xiradela' de Arteixo (A Coruña) e dirixirá a 'Agrupación
Instrumental' que se vai a formar na Escola Municipal de
Folclore de Betanzos. E anteriormente:
- Imparte en 1996 un curso de solfexo
na Banda de Gaitas 'Frouma' (Oleiros).
- Imparte o curso de música tradicional
no Centro Galego de Lucerna (Suiza) en colaboración coa
Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas
do Exterior (1999).
- Mestre de gaita en Estudio-Escola
de Música (Santiago de Compostela, 1999-2001).
- Profesor de música da Escola Municipal
de Abegondo (A Coruña), (1999-2003).
- No 2002 é invitado a formar parte
do xurado cualificador do concurso 'McAllan' impartindo
a clase maxistral de Gaita Galega no Festival
de Lorient, 2002.
- Imparte o curso de técnicas de
gaita no XXIV Curso de música tradicional organizado pola Asociación
'Cantigas
e Frores' Lugo (2006).
- No 2007 é invitado polo Conservatorio Superior de Música
de Vigo a impartir o II Curso de Especialización
de Gaita.