|
Fandango
desesperado (NGD
Música, 2005) é o primeiro traballo publicado por Luvas
Verdes. Este traballo recolle unha parte significativa do repertorio
da formación co que acadan os máis importantes galardóns
da música tradicional.
En
palabras de Álvaro Seivane:
"...trátase dun traballo que sentará precedente" e Xosé
Lois Romero (Director Musical da Compañía 'Nova
Galega de Danza'): "é dende xa, un clásico da discografía
galega". O disco conta coa colaboración de Agustín
Sánchez e Antía
Barreiro (gaita e percusión) e Xabier
Díaz (voz).
|