Páxina de Iniciovoceiro
Actividades Docentes
     
 

 

Fundador do prestixioso grupo de música tradicional 'Lelia Doura', posúe un dos curriculums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia con máis de cincuenta premios no seu haber. Gañador dos máis importantes certames de gaita do país, compaxina a súa faceta como gaiteiro e saxofonista coa de compositor, faceta esta última que o convirte nun referente ineludible na composición para gaita na actualidade. Músico e compositor da Nova Galega de Danza, colabora habitualmente con outros proxectos como a Agrupación Instrumental Harmonía, a Orquestra de Corda de Antonio Seijo, a Big Band do Conservatorio Superior de A Coruña ou artistas como Xabier Díaz entre outros. Parte da súa obra está publicada en Doce Polainas Enteiras. Obras para gaita (Astrid Filgueira e José Presedo, Edicións do Cumio, 1998) e De pano sedán (Astrid Filgueira e José Presedo, Edicións do Cumio, 2003).

pedro@luvasverdes.com