Posúe
un dos curriculums máis importantes do mundo da música
tradicional en Galicia. Fórmase no seo da Banda de Gaitas
'Airiños de Fene', e con
tan só 22 anos conta no seu haber cos máis importantes
galardóns, que o converten no gaiteiro máis
laureado da historia de Galicia. Gañador do 'Constantino
Bellón' (2001, 2005 e 2006), do 'Gaiteiro
de Soutelo' (2002, 2004, 2005 e 2006), do 'Trophée
Macallan' (Lorient, 2003), desenvolve unha importante
laboura como concertista en solitario así como de mestre
gaiteiro en toda a xeografía galega e española,
exercendo como profesor residente de gaita galega na prestixiosa
Escola de Folklore Plaza de Castilla
de Madrid entre outras. Dende 2005 forma parte do dúo
de gaita e acordeón Bellón-Maceiras
co que publica o disco "Unión das Terras" despois dun
exitoso 2006: gañadores do certame Radio Obradoiro, do
Runas do Festival de Ortigueira,
e con máis de 40 concertos ás súas costas.
daniel@luvasverdes.com